No Congreso exrtraordinario do Partido Socialista de Galicia celebrado o pasado fin de semana en Pontevedra o novo Secretario Xeral, Pachi Vázquez, falou de que a súa pretensión era chegar a conseguir a maioría absoluta para poder gobernar en Galicia sin trabas.
A ambición de todo partido é poder chegar ó goberno sin ataduras, é dicir, contando con unha maioría para poder desenvolver o seu ideario. Até aquí de acordo. Mais un político ten que mostrarse realista, valorar a situación na que se atopa o partido. O PSdeG detenta en este intre unhas grandes cotas de poder institucional ( Dúas Deputacións e os Concellos das máis importantes cidades de Galicia), que se soportan no apoio de outro partido, con un ideario tamén progresista.
Das palabras do Secretario Xeral parece deducirse que rexeita novos acordos con outros partidos.
Estas afirmacións si non se matizan, poden ofender a militancia do Bloque Nacionalista Galego e votarlle máis leña ó lume nun momento delicado para esta agrupación que nos é imprescindible.
Este non é momento de crear problemas con outro partido co que o PSdeG está condenado a entenderse, é o momento de apoiar, de respectar e de facer visible diante da sociedade o que nos une, non o que nos separa.
Só de esa maneira poderemos chegar o corazón dos galegos.
Todos sabemos que peor que un goberno de coalición é un maioría asoballante.