lunes, 9 de noviembre de 2009



Desde o dolor e a preocupación que me produce a traxedia pola que están a pasar os tripulantes do Alakrana, quero manifestar a indignación que me producen as manifestacións de algúns dos seus familiares.

Primeiro repróchanlle ó Goberno, que non as teña informadas. Cando ven a ministra Espinosa a transmitirlle os desvelos e preocupacións do Goberno, desprézana dicindo que se podía aforrar a viaxe.

É certo que a clase política vive horas baixas, por varias razóns: crises, corrupción... Pero a clase política que temos é a que nos merecemos. Os que votamos porque nos equivocamos e os que non votamos, porque preferimos que se equivoquen os demais para así poder criticar con liberdade.
O goberno de Zapatero non mandou ós barcos a pescar en caladoiro perigosos, nin en augas de outros países, como mandou Aznar as tropas ó Irak.
Os armadores arríscanse porque saben que ó fin o goberno pagará os rescates.

Que vos parecería si ZARA montase unha téxtil en Paquistán ou en outro pais inestable,que os talibáns secuestraran os dirixentes e pedisen un rescate o goberno?
Que opinariades si ETA secuestrase a varias persoas e puxese como condición para liberalos a liberdade de todos os seus presos e ademais pedise millóns de euros para armamento?

Deixando de lado que os rescates os pagamos todos os españois. Esquecéndonos de que eses millóns de euros podían para axudar a crear algún dos tan necesarios postos de traballo e axudar a algunhas familias en situación tamén desesperada. Centrémonos no feito en si.
Un estado de dereito pode deixar en liberdade a uns delincuentes baixo a ameaza de unha chantaxe? Esta pregunta vai dirixida a aqueles sectores máis conservadores da sociedade, que son os que con máis veleno empezoñan ó Goberno.
Non esquezamos que o poder xudicial é independente, pero réxese por unhas normas extremadamente reguladas.
Temos a clase política que nos merecemos, ou nin si quer merecemos, pois visto como marchan as enquisas nas que o PP adianta o PSOE, cando todos sabemos que a crise é consecuencia das políticas neoliberais postas en práctica polos gobernos de dereitas e que a corrupción e espionaxes (e loitas de intereses Caja Madrid) se ceba particularmente nos populares.
Que podemos esperar de uns políticos os que premiamos con votos a súa desvergoña?.

Ós familiares dos mariñeiros secuestrados, pediríalles que reflexionasen e se deixasen de descalificacións. Cando arrecia o temporal hai que remar todos xuntos.