lunes, 9 de noviembre de 2009



Desde o dolor e a preocupación que me produce a traxedia pola que están a pasar os tripulantes do Alakrana, quero manifestar a indignación que me producen as manifestacións de algúns dos seus familiares.

Primeiro repróchanlle ó Goberno, que non as teña informadas. Cando ven a ministra Espinosa a transmitirlle os desvelos e preocupacións do Goberno, desprézana dicindo que se podía aforrar a viaxe.

É certo que a clase política vive horas baixas, por varias razóns: crises, corrupción... Pero a clase política que temos é a que nos merecemos. Os que votamos porque nos equivocamos e os que non votamos, porque preferimos que se equivoquen os demais para así poder criticar con liberdade.
O goberno de Zapatero non mandou ós barcos a pescar en caladoiro perigosos, nin en augas de outros países, como mandou Aznar as tropas ó Irak.
Os armadores arríscanse porque saben que ó fin o goberno pagará os rescates.

Que vos parecería si ZARA montase unha téxtil en Paquistán ou en outro pais inestable,que os talibáns secuestraran os dirixentes e pedisen un rescate o goberno?
Que opinariades si ETA secuestrase a varias persoas e puxese como condición para liberalos a liberdade de todos os seus presos e ademais pedise millóns de euros para armamento?

Deixando de lado que os rescates os pagamos todos os españois. Esquecéndonos de que eses millóns de euros podían para axudar a crear algún dos tan necesarios postos de traballo e axudar a algunhas familias en situación tamén desesperada. Centrémonos no feito en si.
Un estado de dereito pode deixar en liberdade a uns delincuentes baixo a ameaza de unha chantaxe? Esta pregunta vai dirixida a aqueles sectores máis conservadores da sociedade, que son os que con máis veleno empezoñan ó Goberno.
Non esquezamos que o poder xudicial é independente, pero réxese por unhas normas extremadamente reguladas.
Temos a clase política que nos merecemos, ou nin si quer merecemos, pois visto como marchan as enquisas nas que o PP adianta o PSOE, cando todos sabemos que a crise é consecuencia das políticas neoliberais postas en práctica polos gobernos de dereitas e que a corrupción e espionaxes (e loitas de intereses Caja Madrid) se ceba particularmente nos populares.
Que podemos esperar de uns políticos os que premiamos con votos a súa desvergoña?.

Ós familiares dos mariñeiros secuestrados, pediríalles que reflexionasen e se deixasen de descalificacións. Cando arrecia o temporal hai que remar todos xuntos.

miércoles, 7 de octubre de 2009

NON VALE TODO



Cando todos moramos nun mesmo edificio non é doado tirar pedras contra o tellado, pois córrese o risco de afundir ó edificio, e menos si pretendes ser o administrador.





Ven a conto esta introdución a teor do que se conclúe das páxinas galegas de EL PAIS de hoxe nun traballo asinado por Anxo Guerreiro titulado "Baltar y Rajoy".
O ex secretario do PCG toma como referencia as declaracións do Presidente da Deputación ourensá sobre o infundo no que acusou de maltratador a Anxo Quintana.
A súa xustificación foi "forma parte da liberdade de expresión" dentro do debate político en época electoral.
Estas palabras subliñan o cinismo e a ínfima catadura moral de quen as pronuncia.
Aínda no suposto de que fosen certas, trataríase de cuestións que so afectan a vida privada, non se deben mesturar coa vida pública.
As súas palabras so ofendían a un cargo público ou a un cidadán en particular.

Peor, moito peor, é a actitude de Rajoy e dos membros do seu partido, que desde hai cinco anos veñen calumniando ás institucións impunemente: Xustiza, Goberno, Lexislativo, Forzas de seguridade,etc.Esta actitude esta minando a credibilidade do sistema.
Non se pode permitir que por calumniar a un cidadán teñas que responder diante de un xuíz e por enmerdar as institucións de un estado de dereito poidas irte de "rositas".

Os políticos deberían de responder diante da xustiza de todas aquelas mentiras que afectan as institucións.

viernes, 18 de septiembre de 2009

GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO.


O pai de Mélodi (así se pronuncia) é pobre oficialmente, pois a súa declaración da renda como mariñeiro e baixa. Malia ten dous coches de alta gama, un chalet de pedra con unha gran horta e todos sabemos que os peixe que el pesca véndense no mercado negro. Mélodi vai a unha escola privada de monxas, este ano recibirá 180 euros para axuda na compra dos libros de texto.

Monchiño é o fillo de Ramón. Ramón ten unha batea e a súa muller é mariscadora. Según as estimacións da Xunta, conforme a súa declaración da renda, é rico. Monchiño vai á escola Pública.
Ramón ten que pagar a hipoteca da batea,a hipoteca da casa, a hipoteca do coche e tamén os libros de texto de Monchiño.

Son casos reais. Pero podo por moitos exemplos semellantes.

O escrito que segue foi sacado da plataforma para a gratuidade dos libros de texto:

GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO POR EMPRÉSTITO

Cada 4 anos as familias mercanban os libros de texto para os seus fillos na librería que eles elixían e pagaban cun cheque que lle entregaba a Consellería.

Eses libros eran utilizados por 4 alumnos ao longo de 4 anos consecutivos. Os nenos usaban cada curso escolar os libros en empréstito e os devolvían ao centro unha vez rematado o curso.

Os alumnos tiñan a responsabilidade de coidar os libros de texto. De non devolvelos en bo estado as súas familias debían abonar o custo total dos libros.

Os libros eran renovados cada 4 anos.

Se un alumno suspendía unha asignatura, o centro prestáballe o libro durante o verán, co compromiso de que o devolvería en setembro en bo estado.

PROS DA GRATUIDADE POR EMPRÉSTITO

É SOLIDARIA

Cada 4 alumnos comparte os mesmos libros de texto en cursos consecutivos.

FOMENTA O RESPECTO HACIA OS BENS COMÚNS, OS BEN PÚBLICOS

Os nenos se esforzan en coidar os libros porque saben que outros nenos os van a usar ao ano seguinte.

CONTRIBÚE Á SUSTENTABILIDADE DO MEDIOAMBIENTE

Os libros recíclanse durante 4 cursos consecutivos. Nin se esquecen nos andeis, nin se queiman en San Xoán.

É MENOS GRAVOSA PARA A ADMINISTRACIÓN

O feito de que os libros se compartan durante 4 cursos escolares consecutivos supón que non hai que mercar un paquete de libros por alumno senón un paquete por cada 4 alumnos. Polo que o custo dos libros para todo o alumnado galego en situación de empréstito por ano equivalería ao custo de dar en propiedade os libros a tan só un 25 % dos nenos.

miércoles, 19 de agosto de 2009

REDE DE ESCOLAS INFANTIS


Teño un neto de dous anos que durante este curso asistiu a unha Galescola. Estaba todo preocupado, pois ó decir de algúns colectivos e tamén do Patido Popular corría o risco de que lle comeran o "coco".
Era unha ameaza seria. Os nenos a esas idades son coma as esponxas: chúpano todo. Son papeis en branco no que os educadores escreben con letra indeleble.
Mateo, que así se chama o meu neto, recibiu a nefasta influencia da ideoloxía impartida na Galescola da Illa de Arousa. Espero que agora coa desideoloxizada "Galiñescola" o meu neto deixe de dicir "tasa" e aprenda a dicir casa. Así é como debe nomearse ó lugar onde se vive.
Agradezo ó novo goberno da Xunta que se tome a molestia, neste caluroso mes de agosto, de pintar as galiñas de azul. Agora só falta que poña os ovos tamén azuis. Todos sabemos que o azul é unha cor que non ten ideoloxía.


jueves, 30 de abril de 2009

HAI QUE MATIZAR


No Congreso exrtraordinario do Partido Socialista de Galicia celebrado o pasado fin de semana en Pontevedra o novo Secretario Xeral, Pachi Vázquez, falou de que a súa pretensión era chegar a conseguir a maioría absoluta para poder gobernar en Galicia sin trabas.
A ambición de todo partido é poder chegar ó goberno sin ataduras, é dicir, contando con unha maioría para poder desenvolver o seu ideario. Até aquí de acordo. Mais un político ten que mostrarse realista, valorar a situación na que se atopa o partido. O PSdeG detenta en este intre unhas grandes cotas de poder institucional ( Dúas Deputacións e os Concellos das máis importantes cidades de Galicia), que se soportan no apoio de outro partido, con un ideario tamén progresista.
Das palabras do Secretario Xeral parece deducirse que rexeita novos acordos con outros partidos.
Estas afirmacións si non se matizan, poden ofender a militancia do Bloque Nacionalista Galego e votarlle máis leña ó lume nun momento delicado para esta agrupación que nos é imprescindible.
Este non é momento de crear problemas con outro partido co que o PSdeG está condenado a entenderse, é o momento de apoiar, de respectar e de facer visible diante da sociedade o que nos une, non o que nos separa. 
Só de esa maneira poderemos chegar o corazón dos galegos. 
Todos sabemos que peor que un goberno de coalición é un maioría asoballante.
 

miércoles, 8 de abril de 2009

PROXECCION DOS RESULTADOS DO 1M NOS CONCELLOS DE AROUSA

OS RESULTADOS DAS ELECCIONS AUTONÓMICAS-09

 PROXECTADAS A NIVEL LOCAL


Vendo o gráfico dos resultados das eleccións autonómicas do primeiro de marzo na comarca de Arousa observamos que nos concellos gobernados por forzas progresistas, estas perderon forza, mais non de xeito que poña en perigo o seu futuro.
Así podemos ver que extrapolando os resultados  seguirían no poder das forzas coaligadas os concellos que figuran en vermello no gráfico: Illa de Arousa, Caldas , Catoira, O Grobe e Vilagarcía.
Por outra banda seguirían en mans conservadoras os outros seis concellos: Cambados, Meis,Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova.
Mais, se estes resultados se comparan coas derradeiras consultas electorais comprobamos que as forzas progresistas están a perder votos en todos os concellos, mentras que o PP está a  rañalos nos concellos gobernados por os socialistas en solitario ou en coalición cos nacionalistas e ten un aumento considerable nos concellos en que gobernan.
Esto lévanos a facer algunhas preguntas:
Xestionan mellor a cousa pública os conservadores?
Evidentemente, non é así.
Están máis o carón dos problemas do día a día?
En determinadas situacións de marcada sensibilidade populista, sí.
Saben vender mellor a súa xestión?
Contestarei coa resposta do panadeiro de Ribadavia, que cando lle preguntaban cal era o mellor panadeiro do lugar contestaba: "O que vende mellor o pan resésego que o pan do día"

martes, 24 de marzo de 2009

OS LINCES EN PRECAMPAÑA

O lince que  vai de negro e o que se encontra en perigo de extinción, por non adaptarse as mudanzas do clima social. 


viernes, 13 de marzo de 2009

Autocritica


O primeiro de marzo, coincidiu este ano con o primeiro domingo de coaresma para os católicos, a coaresma, como todos sabemos, é tempo de penitencia. O noso pecado foi perder as eleccións e a nosa penitencia ha de ser a de un traballo coordinado, para que as nosas verdades se impoñan as medias verdades e as enteiras mentiras dos que ainda viven na Galicia feudal. Se todos nos implicamos e baixamos non só as rúas, senón tamén os camiños e as congostras a compartir os problemas dos nosos propios e alleos, pronto poderemos celebrar a nosa pascoa de resurrección. Para iso todos deberemos repensar en que podemos axudar dende as nosas posibilidades para que nunca máis nos emporque como país un novo prestige

Este blog que nace hoxe con o nome de Galicia socialista ten como tarefa a de divulgar as nosa ideas, combatir con argumentos as contrarias e manter unha críica aberta sobre as actuacións dos nosos cargos públicos ou sobre derivas sospeitosas. Mais a miña maior pretensión e a de abrir  un debate clarificador sobre cara a onde navegamos. 

Ó día seguinte das eleccións  escribín no meu blog en lingua castelá  Atalaya de Arousa unha análise crítica dos resultados que tiña como  encabezamento "Cronica de una muerte anunciada". Anque moitas das claves, que aporto foron unanimemente aceitadas, fican algunhas que non as vexo recollidas en nengún medio e considero que sería ben que reflexionásemos sobre as eivas que anoto. 
Velaí algunhas das reflexións que fago:
"Llamo las viejas tecnologías a la red clientelar  afecta al partido popular,  formada por Ayuntamientos y Diputaciones, Centros privados o concertados de Sanidad y Educación, Asilos, Iglesia, que además de incidir directamente sobre sus supeditados , se valía de muchos funcionarios de la Xunta o de las Diputaciones socialistas, que por afecto o por pago a los favores recibidos, allanaban el camino a las demandas de los validos del PP y ponían piedrecillas  en el camino a las demandas de los dirigentes de los partidos del Gobierno, dando la impresión de que los populares nunca habían perdido el poder.

 Las nuevas tecnologías fueron la utilización del móvil e internet para enviar consignas impactantes a los jóvenes, manejando una ambigüedad calculada, como el despilfarro de los sillones, el coche del Presidente o el conocido como Villa psoe, Este último de gran impacto en las provincias costeras, afectadas por una estricta Ley de Costas. En multitud de vídeos que circulan por la red se implica a José Blanco y otros dirigentes socialistas de construir una segunda residencia en un lugar paradisíaco en la Illa de Arousa, incumpliendo la legalidad. Eran mentiras, que acabaron calando y movilizando el voto a favor del PP y explica la caída del voto socialista en estas provincias."


jueves, 12 de marzo de 2009

galicia socialista

¿POR QUE GALICIA SOCIALISTA?


Bebido e dixerido o cálice amargo das pasadas eleccións do 1 de marzo , por certo primeiro domingo de coaresma para os crentes católicos, os socialistas debemos traballar para que este tempo de penitencia ¿inmerecida?, pase como unha brétema e dentro de catro anos poidamos celebrar a nosa particular "pascua de resurrección".

 Nos meus blogs Arousa a Debate, Arousa Día a Día e Atalaya de Arousa trato temas puntuais desde a miña perspectiva ideolóxica, mais non son blogs de partido. Galicia-socialista trata de ser un blog de partido de divulgación e crítica sin concesións .