miércoles, 7 de octubre de 2009

NON VALE TODO



Cando todos moramos nun mesmo edificio non é doado tirar pedras contra o tellado, pois córrese o risco de afundir ó edificio, e menos si pretendes ser o administrador.





Ven a conto esta introdución a teor do que se conclúe das páxinas galegas de EL PAIS de hoxe nun traballo asinado por Anxo Guerreiro titulado "Baltar y Rajoy".
O ex secretario do PCG toma como referencia as declaracións do Presidente da Deputación ourensá sobre o infundo no que acusou de maltratador a Anxo Quintana.
A súa xustificación foi "forma parte da liberdade de expresión" dentro do debate político en época electoral.
Estas palabras subliñan o cinismo e a ínfima catadura moral de quen as pronuncia.
Aínda no suposto de que fosen certas, trataríase de cuestións que so afectan a vida privada, non se deben mesturar coa vida pública.
As súas palabras so ofendían a un cargo público ou a un cidadán en particular.

Peor, moito peor, é a actitude de Rajoy e dos membros do seu partido, que desde hai cinco anos veñen calumniando ás institucións impunemente: Xustiza, Goberno, Lexislativo, Forzas de seguridade,etc.Esta actitude esta minando a credibilidade do sistema.
Non se pode permitir que por calumniar a un cidadán teñas que responder diante de un xuíz e por enmerdar as institucións de un estado de dereito poidas irte de "rositas".

Os políticos deberían de responder diante da xustiza de todas aquelas mentiras que afectan as institucións.