domingo, 23 de diciembre de 2012

HOXE É UN DÍA ESPECIALMENTE TRISTE

Ceferino na homenaxe sorpresa que lle ofreceron amigos e compañeiros o pasado 24 de Marzo en Santiago

Hoxe é un día especialmente triste para min.

Sucesivamente, no espacio de unha hora entereime que os compañeiros Gonzalo Bouza-Brey e Ceferino Díaz fóronse definitivamente, deixándonos orfos en este mundo polo que tanto loitaron para que fose máis humano, máis solidario, máis xusto...
Deixáronnos no momento en que as forzas reaccionarias con máquinas e explosivos están dinamitando o edificio social que coas mans disposta de Gonzalo, de Ceferino e de tantos outros fomos traballosamente construíndo.
Gracias polo voso sacrificado esforzo.

Como homenaxe a Ceferino, a modo de testamento para a militancia, velaí a última intervención no plenario do Comité Federal do PSdeG.

Intervención de Ceferino Díaz no Comité Nacional Galego

10 de novembro de 2012

Boas tardes
Sr. Presidente, compañeiros e compañeiras:
Falando de disculpas, vexo que hoxe daquí debería saír, xunto coa referencia aos que nos apoiaron, as disculpas tamén cara a eles e cara aqueles outros que nos houberan apoiado si viran en nós unha alternativa, porque todos eles perderon con nós. Non perdeu o Partido Socialista, houbo moitas persoas neste pais e moitos colectivos que perderon o día 21 e nós a eles temos que pedirlle tamén disculpas.
Compañeiros, desgraciadamente cumplíronse os peores presaxios: perdemos estrepitosamente. Evidentemente, nós, o PSdeG-PSOE, non foi visto como alternativa. A maioría da cidadanía non veu en nós unha alternativa clara ao goberno de Feijóo, a pesar de que eran eles os que estaban xestionando a crise económica e que segundo nós a estaban xestionando de maneira inxusta. Agora si, compañeiros, que non hai presa; eu non teño ningunha presa. Sin eleccións á vista temos moito tempo por diante e por iso vos pido calma, non podemos pechar como si aquí non pasase nada. Todo o contrario, é obligado un cambio profundo, eu diría moi profundo: para ilusionar á militancia e reconciliarse coa cidadanía, que nos ve hoxe, aos socialistas, máis como profesionais da política que como persoas preparadas e dispostas a servir.
Hai que construír un proxecto, levamos moito tempo sin un proxecto creible, porque amigos candidatos, que sería de nós, na campaña, se non houbese recortes en educación e en sanidade? Cal era o noso discurso?
Aceptamos, no seu momento, en maio do 2010, o dogma neoliberal, porque compañeiros, naquel momento non tiñamos alternativa ante a crise; nin a tiñamos nós, nin a tiña a socialdemocracia europea. Non a tiñamos!! Reformamos despois a Constitución porque nos mandaron e tamén, porque non tiñamos alternativa. Dous anos máis tarde seguimos sin ter alternativa nin a nivel de Estado, nin a nivel de Galicia porque a alternativa á crise, compañeiros, non é negar a crise. Non é dicir: se ganamos nós: libros, médicos, medicamentos, todo como antes. Eso non era creible. Non era creible que nin San Pachi, nin san non sei que poidese facer a miragre de volver ao 2007. Estamos no 2012 e o cidadán é consciente de que estamos en crise e que hai cousas que hai que cambiar; pero, dende a esquerda ten que facerse con outra sensibilidade, que era a nosa oferta creible. Nós imos a xestionar a crise con outra sensibilidade, tendo en conta fundamentalmente aos máis débiles, á xente que traballa e á xente que ten medo porque non ve claro o seu futuro.
Somos un partido necesario, díxose aquí, pero somos necesario se temos respostas. Somos prescindibles si só temos críticas e non propostas viables aquí e agora. Hai que ter respostas e propostas, aquí e agora. A sociedade galega necesita dun Partido Socialista, dun partido de esquerdas, dun partido galeguista e dun partido que non se defina por estar á contra, senón por un partido que achega solucións aos problemas do país, achega solucións á crise, e di como hai que xestionar mellor a crise e achega solucións a unha crise, que por certo, non é coxuntural, que vai para longo; e achega solucións tamén a problemas estructurais que ten este país.
Compañeiros, cada vez somos menos os galegos e sendo menos non podemos pesar máis. Temos un campo abandonado e envellecido, temos máis terras a monte que en produción, temos unha gandeiría que é o sector moderno da agricultura que está en fonda crise, o futuro da pesca é unha incognita, a desindustrialización de Galicia sigue sendo unha realidade e a reindustrialización un soño. Temos un índice de fracaso escolar que hipoteca o futuro non soamente os recortes. O fracaso escolar non vén dos recortes, senón que xa o había antes, e temos tamén un deterioro do medioambiente que neste país é sangrante porque o medio ambiente tiña que ser unha das riquezas sobre a que proxectar o noso futuro A estes temas haille que dar resposta e a respostas debemos dalas cunha organización ilusionada, cunha organización creible para a cidadanía; e compañeiros, con caras novas que apoien novas ideas.
Perdemos xa as autonómicas; agora as seguintes son as municipais, que están lonxe, pero amigos, para recuperar as alcaldías fai falta proxecto e en moitos casos tamén, non nos esquezamos, novas persoas. Son outros tempos e hai que entendelo así. Non vai esta crítica contra ninguén senón que todos temos que sacrificarnos polo futuro deste Partido e aí temos que sacrificar a compañeiros que hoxe estan mandando, tamén lle pido claramente dar un paso atrás a moitos compañeiros que non o fixeron mal, pero que hoxe, de cara ao futuro non son a solución. É un sacrificio, pero o sacrificio o pido non por persoas, senón polo proxecto.
Dito esto amigos, temos que ir a un congreso ordinario. E, que non se me diga que os Estatutos non o prevén. A situación é de tal calibre que ou facemos un congreso a fondo e en serio donde primeiro discutamos o proxecto, e elaboremos un proxecto para este país, que non o temos. Porque non é a suma “de los de educación, más otro de sanidad y otros más” … Eso non é un proxecto, hai que saber que queremos ou cal é a situación deste país e que queremos facer con el nos próximos 30 anos. Cal é a idea dos socialistas en todo eso e eso require traballar en serio, traballar abertos á cidadanía nese proxecto aberto e despois da Conferencia Política e de Organización. E digo despois porque a Conferencia de Organización ten que cambiar moitas cousas, porque senón este non é un Partido democrático. Non hai un congreso democrático para este Partido senón cambiamos as regras de xogo, e eso ten que ser na conferencia Política e de Organización. Só cunha nova dirección e cun proxecto creible podemos recuperar a confianza daqueles que noutros tempos foron os nosos aliados.
Amigos, temos que construír un Partido máis aberto, un Partido participativo, transparente, con primarias, listas abertas, voto individual. Un Partido que aplauda menos, que aclame menos e debata máis.
O debate é fundamental neste Partido, o modelo de Partido actual non sirve para o futuro, este modelo é un modelo que servíu para a transición, agora non sirve. Señores neste Comité Nacional temos 40 aquí (pola Executiva nacional), e 200 aí controlando (polos Delegados/as); que sentido ten esto? No Comité Nacional fai moitos anos só se interviña para criticar á executiva; agora a maioría é para aplaudir. Compañeiros no Comité Nacional non temos que facer o debate sobre o discurso do Secretario Xeral, tamén aquí hai que discutir propostas que veñan das bases porque senón, que coño pintan as bases aquí?
E eso amigos, esa é unha nova estrutura para un novo Partido e para ese Partido eu dígovos aquí, que estou escoitando: mirade, nos medios de comunicación nós temos que eleixir entre sete; sete son as opcións, sete son os teoricamente coñecidos e eu dígovos: se neste Partido non hai 500 persoas entre 30 e 60 anos, capacitados, responsables, formados, que queiran dar un paso adiante; entón, non hai Partido.
Por eso, amigos este é un proceso para construír de abaixo arriba non agardar instrucións por abaixo. E empezar a discutir, e a traballar, e a dar ánimo para que ninguén se vaia; porque, aquí hai Partido, aquí hai futuro, pero ese futuro pasa tamén por ser todos xenerosos. Mirade, ou somos todos xenerosos para deixar paso aos mellores, non aos menos malos, ou algúns desta primeira crise salvaranse, pero os demais, o Partido, morrerá de éxito buscando os culpables fóra.
Graciñas

domingo, 16 de diciembre de 2012

CARTA Ó PSOE

Recollo integramente esta carta por parecerme interesante a reflexión que fai sobre a situación actual do PSOE.
En canto as saídas, para mín, deben pasar por unha viaxe ó ostracismo de todos os actuais dirixentes, pedir disculpas á sociedade por as medidas antisociais tomadas por o goberno de Zapatero (reafirmándose no que se fixo ben, que foi moito) e iniciar desde as bases un proceso de refundación tendendo pontes a IU e os movementos saídos do 15-M.

CARTA ABIERTA AL PSOE


Cuando en mayo 2010, el entonces presidente Zapatero, aprisa y corriendo, asustado por la situación, y extorsionado por Bruselas, tomó las medidas, a soportar por los más débiles, de rebajar el 5 por ciento a los funcionarios, congelar las pensiones, eliminación cheque bebé, etc., pudo haber sido entendido si, al mismo tiempo, hubiese anunciado otras medidas dirigidas a las clases más pudientes, cosa que no anunció ni realizó.

Entonces abrió una brecha difícil de salvar, no solo por los militantes socialistas, también para una inmensa mayoría progresista y de izquierdas, que en este país, en función de su normativa electoral, veía como voto de avance y progreso el voto a PSOE.

El querer quedar bien en un club, al que no perteneces, te separa de los tuyos y te deja en manos de nadie, pues ese club te tolera mientras estas dentro y sigues sus normas, pero en el fondo te desprecia porque no eres de los suyos.

Me explico, al ser mayoría los partidos de derechas que gobiernan Europa, era y es consecuente, con su ideario, mantener e implementar políticas económicas neoliberales, basadas en seguir manteniendo a ultranza desregulación de todo, potenciando, y proclamando como indiscutible, lo privado sobre lo público.

Zapatero confundió, y creo equivocó, anteponer caer simpático, a líderes en quienes se apoyaba, a mantener posturas opuestas a ellos. Consiguió remachar aquello de "todos son lo mismo"

Como broche final, un presidente que llegó ilusionando a la mayoría, que tuvo una primera legislatura buena, volvió a plegarse ante intereses muy, pero que muy alejados de las bases en quienes podía sustentarse y terminó con su apresurada reforma de la Constitución, subordinando el pago de la deuda a todo, y con la amnistía de un reconocido banquero, dinamitando, no solo su imagen si no el futuro e ilusión de miles de militantes del PSOE y de la amplia mayoría de progreso e izquierdas que se encuentran perdidos, bombardeados por un populismo que realza la corrupción, que la hay vergonzantemente y el despilfarro, que encontramos tanto en multitud de inversiones faraónicas, como en las prebendas de sueldos y condiciones especiales a medida de cargos e instituciones.

Queramos o no, guste mas o guste menos, el PSOE actual, lejos de explicar NOS EQUIVOCAMOS en esto y en aquello, acomplejado, y no olvidemos que con las mismas caras de la foto Zapatero, postula soluciones y propuestas que no resultan creíbles para nadie, pues mucha gente piensa ¿porqué no lo hiciste o propusiste antes?, si, además tu estabas.

Honestamente, personalmente, creo a Rubalcaba un hombre preparado y útil, pero no olvido aquello de "la mujer del Cesar, no solamente tiene que ser decente, tiene, también, que parecerlo"

Para ilusionar y ser nuevamente referencia resulta imprescindible, por parte del partido, plantearse, de donde viene, donde está, y a donde quiere ir. Para ello tendrá que decidir si  representar unas ideas o unos intereses, y en base a ello definirse ya.

Su democratización interna, para evitar ser utilizado por quienes la perdida del poder supone, tanto a nivel del Estado, como de agrupaciones regionales y locales, la perdida de su puesto de trabajo, pasa por listas abiertas en sus cauces internos, como antesala a la modificación de la Ley Electoral en el mismo sentido.

Sin hacer previamente los deberes, de nada valdrá querer variar los resultados de los exámenes.